Descripción
O millo é a base das nosas empandas e procede da explotación agraria que temos.
O cultivo do millo faise de forma tradicional, basado no uso de materia orgánica fresca para o seu abonado, así como evitar o uso de pesticidas e fertilizantes químicos.
Respetamos os tempos para o manexo da terra, a fertilización previa, a sembra así como o punto de maduración para que a colleita se manteña nas mellores condicions.
As variedades de millo que cultivamos son millo amarelo, branco e corvo. Todos teñen a mesma textura xa que despois de moelo no muiño de pedra,peneirase para sacarlle a cáscara.
O millo branco ten un sabor doce con vitaminas B e E e é un regulador do colesterol. Utilizábase para as papillas dos nenos, sobre todo a fariña máis fina que se chama óleo.







