Descripción
O millo é a base das nosas empanadas e procede da explotación agraria que temos.
O cultivo do millo faise de forma tradicional, basado no uso de materia orgánica fresca para o seu abonado, así como evitar o uso de pesticidas e fertilizantes químicos.
Respetamos os tempos para o manexo da terra, a fertilización previa, a sembra así como o punto de maduración para que a colleita se manteña nas mellores condicions.
As variedades de millo que cultivamos son millo amarelo, branco e corvo. Todos teñen a mesma textura xa que logo de moelo en muiño de pedra, peneirase para sacarlle a cáscara.
O millo curvo, ten un sabor algo máis amargo e debe a súa cor á gran cantidade de antioxidantes que contén, moito máis que calquera das outras variedades. Achega máis proteínas e é idóneo para empanadas, sobremesas e filloas.







