Descripción
O millo é a base das nosas empanadas e procede da nosa explotación agraria.
O cultivo do millo faise de forma tradicional, basado no uso de materia orgánica fresca para o seu abonado, así como evitar o uso de pesticidas e fertilizantes químicos.
Respetamos os tempos para o manexo da terra, a fertilización previa, a sembra así como o punto de maduración para que a colleita se manteña nas mellores condicions.
As variedades de millo que cultivamos son millo amarelo, branco e corvo. Todos teñen a mesma textura, xa que despois de moelo nun muiño de pedra,peneirase para sacarlle a cáscara.
O millo amarelo ten sabor doce e destaca o seu contido en vitaminas A, B, C e acedo fólico ademais de regular a tensión e o colesterol. Utilízase tanto para empanadas como para pan e filloas.






