O Forno do Alcacén
Enorgullecémonos de elaborar auténticas empanadas de millo galegas, seguindo receitas tradicionais transmitidas ao longo de xeracións. Cada empanada é un tributo á nosa rica cultura gastronómica, preparada con ingredientes da máis alta calidade e moito amor.
Degusta un anaco de Galicia desde calquera recuncho, grazas ao noso servizo de venda en liña. Goza do sabor auténtico de Galicia en cada bocado con O Forno do Alcacén.
Preparamos a empanada que máis che guste do noso catálogo conxelada e envasada para que a cociñes e disfrutes cando ti queiras.
Só en opción de recollida en tenda.
Enviamos a onde nos digas unha deliciosa empanada de millo recentemente feita e envasada perfectamente para manter o seu sabor e características. Elixe o recheo que máis che guste, e fai o teu pedido.
¿Estás buscando auténtica fariña de millo 100% libre de pesticidas e sostible? Pois na nosa tenda podes comprala, xa sexa de millo branco, amarelo ou corvo.
Cultivado na nosa explotación agraria da forma tradicional.



100% libre de glute
As nosas empanadas de millo non conteñen nada de glute, polo que as persoas celíacas poden degustalas sen problema.
Ao estilo
Artesano
Todo o proceso de amasado, cociñado dos recheos e preparación das empanadas segue a receita tradicional.
Feitas sen
Levaduras Químicas
Amasamos e preparamos as empanadas con fermento e masa nai, sen utilizar ningún tipo de lévedo químico.

O noso millo
O millo é a base das nosas empanadas e procede da explotación agraria que temos.
O cultivo do millo fáisese de forma tradicional, baseándose no uso de materia orgánica fresca para o seu aboado, así como en evitar o uso de pesticidas e fertilizantes químicos.
Respectamos os tempos para o manexo da terra, a fertilización previa, a sementeira así como o punto de maduración para que a colleita se manteña nas mellores condicións.
As variedades de millo que cultivamos son millo amarelo, branco e corvo. Todos teñen a mesma textura xa que despois de moelo en muíño de pedra, péneirase para sacarlle a casca.
As diferenzas entre as distintas variedades radican no sabor e nas propiedades de cada un deles.
O millo amarelo ten sabor doce e destaca o seu contido en vitaminas A, B, C e ácido fólico, ademais de regular a tensión e o colesterol. Úsase tanto para empanadas como para pan e filloas.
O millo branco tamén ten sabor doce con vitaminas B e E e é regulador do colesterol. Utilizábase para as papillas dos nenos, sobre todo a fariña máis fina que se chama óleo.
O millo corvo ten un sabor algo máis amargo e debe a súa cor á gran cantidade de antioxidantes que contén, moito máis que calquera das outras variedades. Aporta máis proteínas e é idóneo para empanadas, sobremesas e filloas.
